Inversión térmica, frío irregular

Hoxe veño falar un chisquiño do fenómeno coñecido coma ‘inversión térmica’. Por describir o que sucede nestas situación e por limitalo a un tema térmico, este evento acontece cando a medida que ascendemos en altura, a temperatura é máis elevada e polo tanto co noso descenso de altitude, o mercurio baixa. Onde sucede? Pois podémolo…… Seguir lendo Inversión térmica, frío irregular

Galiza, un só clima?

Este pequeno país goza dun afamado gris nos seus ceos, dunha chuvia constante e dunhas temperaturas normalmente moi suaves. Cantos climas podemos atopar na nosa xeografía? Imos tentar explicalo considerando a Clasificación climática de Köppen e poñendo uns exemplos de diferentes puntos (Vigo, Ourense, Compostela e A Coruña). Vaia por diante que Galiza está inserida…… Seguir lendo Galiza, un só clima?

Frío, modelos e neve

Máis cedo que tarde como cada ano chegan os fríos. Se ben é moi certo, este inverno tardou en chegar o frío (falaremos outro día dos porqués), todo apunta a que a semana que vén será excepcional no conxunto do país. Malia que todo semella tranquilo hoxe venres, mañá cara a noite chegarán abundantes precipitacións…… Seguir lendo Frío, modelos e neve

Un repunante do tempo

Do 1985, apelídome coma este lugar e son un friki da meteoroloxía e climatoloxía desde que teño uso de razón. Aprendín moi de cativo a ler e identificar os números consultando as diferentes temperaturas todos os días nun xornal.Non me decidía até que hoxe espertei algo espelido de máis da sesta e púxenme con isto.…… Seguir lendo Un repunante do tempo

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario