Galiza, un só clima?

Este pequeno país goza dun afamado gris nos seus ceos, dunha chuvia constante e dunhas temperaturas normalmente moi suaves. Cantos climas podemos atopar na nosa xeografía? Imos tentar explicalo considerando a Clasificación climática de Köppen e poñendo uns exemplos de diferentes puntos (Vigo, Ourense, Compostela e A Coruña).

Vaia por diante que Galiza está inserida na zona temperada do hemisferio norte, mais nos seus case 30.000 Km² de territorio, deixa estilos climáticos moi diferentes.

Köppen foi un xeógrafo ruso de orixe alemán que estableceu en 1918 a variedade climática do Mundo (aínda que foi sufrindo modificacións co paso dos anos) baseándose en tres factores: temperatura, precipitación e vexetación resultante no propio territorio. A clasificación do clima divídese en: grupos climáticos, subgrupos (dependen da humidade) e subdivisións (características propias).

G. Climático
AClimas chuviosos tropicais
BClimas secos
CClimas temperados e húmidos
DClimas boreais ou de neve e bosque
EClimas polares ou de neve
FClimas de xeos perpetuos
Subgrupo
SSemiárido (estepa) só en climas secos
WÁrido (só climas secos)
fhúmido sen estación seca (en A, C e D)
mhúmido con curta estación seca (en A)
wEstación seca no inverno
sEstación seca no verán
Subdivisión
aTª media mes + cálido > 22ºC (en C e D)
bTª media mes + cálido < 22ºC (en C e D)
cTª media mes + frío < -38ºC (en D)
hTª media anual > 18ºC (en B)
kTª media anual < 18ºC (en B)
Climas resultantes da zona temperada
CfClima húmido sen estación seca> 300 mm no mes máis seco
CwClima húmido con estación seca en invernoMes + húmido > 10 veces o máis seco en inverno
CsClima húmido con estación seca no verán< 300 mm mes máis seco. O triple no máis chuvioso en inverno

Con estes datos, e extraíndo os datos climáticos de AEMET, podemos establecer as realidades dos puntos sinalados anteriormente.

Cómpre sinalar que pode haber clima de montaña nalgún recuncho

Segundo Köppen, A Coruña, Compostela e Vigo teñen o mesmo clima. Debemos pois considerar que somos unha realidade climática común? Cando falamos de establecer parámetros climáticos nun territorio tan pequeno, se xeralizamos, podemos atoparnos con que non hai diferencia ningunha. Porén, é claro que as dinámicas climáticas das cidades son moi diferentes. Nas Rías Baixas teñen un verán tirando a cálido, mentres na costa norte do país os veráns son moi suaves. O que si que está claro é que Ourense (os vales do Miño e do Sil concretamente) son un clima moito máis cálido que o resto do territorio galego. Na mesma provincia de Ourense e pode ser que nalgun punto de Lugo poderíase dar clima de alta montaña (Ancares, Courel, Trevinca…). Así e todo, sería algo testemuñal.

O problema dos rangos, das estatísticas e dos datos interpretados cunha mesma intencionalidade diminúe as diferencias e aumenta as coincidencias. Coma con todo, hai que coller con coidado calquera información que se nos dá.

@Idavinha

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *